A Xunta envía medios para colaborar nos labores de extinción dos lumes en Castela e León

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2022

Galicia colabora con Castela e León para facer fronte aos incendios que afectan esta comunidade autónoma. A Xunta aprobou esta mañá o envío de efectivos do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios da Consellería do Medio Rural á zona máis afectada polos lumes, na provincia de Zamora, para axudar nos labores de extinción.

 

En concreto, desprazaranse este mediodía cara a esa área 3 equipos, compostos cada un por un axente, unha brigada e unha motobomba. Así, o dispositivo galego está composto por máis dunha vintena de profesionais.

 

Deste xeito, Galicia amosa unha vez máis a súa disposición a cooperar con outras comunidades autónomas afectadas por incendios forestais, como xa ocorreu en anteriores ocasións en Castela e León, cos lumes rexistrados en Ávila en agosto do pasado ano, ou mesmo no ámbito internacional, coa axuda prestada a Portugal nos incendios de 2017, entre outras ocasións.

Departamento:
C. do Medio Rural