Estabilizados os dous incendios forestais que afectan o parque do Xurés, nos concellos de Entrimo e de Lobios

Segundo os primeiros indicios, ambos puideron estar causados por raios

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2022

A Consellería do Medio Rural informa de que os dous incendios forestais que afectan o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés están xa estabilizados. Localízanse nos concellos de Entrimo (na parroquia da Illa) e de Lobios (na parroquia de Riocaldo) e segundo os primeiros indicios puideron ter como causa a caída dun raio.

O lume de Entrimo iniciouse ás 21,07 h. e quedou estabilizado ás 21,51 h. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de menos de unha hectárea. Para o seu control mobilizáronse 1 axente e 1 motobomba.

O lume de Lobios comezou ás 20,33 h. e quedou estabilizado ás 22,16 h. Para o seu control mobilizáronse 1 axente, 2 brigadas e 2 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural