A Xunta participa na inauguración da nova sede provincial da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense

Ourense , 15 de xuño de 2022

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, asistiu hoxe á inauguración da nova sede provincial da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Ourense. Durante o acto inaugural, puxo en valor a labor da AECC para o conxunto da sociedade.

Así, recordou que a Xunta de Galicia mantén unha colaboración continua coa Asociación Española Contra o Cantro. O Goberno galego destinou máis de 220.000 euros para poñer en marcha iniciativas como o programa de atención integral a familias con persoas maiores ao seu cargo ou o programa de atención integral ás familias con nenos diagnosticados de cancro. Na inauguración, ademais do director xeral de Inclusión Social, participaron o presidente da AECC, Ramón Reyes, o doutor Carlos López-Otín e o presidente da AECC en Ourense, Germán Rodríguez-Saá.