A Xunta pon en valor a Rapa das Bestas de Sabucedo como unha celebración das tradicións galegas

Terá lugar os días 1,2,3 e 4 de xullo

Nava Castro asistiu á presentación da celebración, a que foi declarada Festa de Interese Turístico Internacional no 2007
 

A Coruña, 15 de xuño de 2022 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu hoxe á presentación da Rapa das Bestas de Sabucedo. Esta celebración converteuse nunha referencia imprescindible e nunha cita ineludible no calendario de festas de de Galicia, declarándose no ano 2007 Festa de Interese Turístico Internacional.

Trátase dunha festa cultural e turística que se celebra anualmente na parroquia de Sabucedo e na cal recóllense os cabalos do monte para metelos no curro, cortarlles as crins e marcalos para logo devolvelos ao monte.

Durante a súa intervención, Nava Castro destacou que “este tipo de celebracións axudan a difundir os recursos turísticos de Galicia, converténdonos nun destino cunha oferta diferenciada e de calidade, e así mesmo permítenos conservar as nosas tradicións”.

A aposta polas celebracións tradicionais que xeran experiencias únicas no destino, ocupa un lugar moi relevante na política turística do Goberno galego, xa que constitúen importantes reclamos de atracción turística” concluíu Castro.

Imaxes relacionadas