A Xunta participa nas actividades da Asociación de Persoas Xordas de Ferrol polo Día Nacional de Linguas de Signos Españolas

Narón (A Coruña), 14 de xuño de 2022

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou esta tarde nas actividades realizadas na Praza da Gándara pola Asociación de Persoas Xordas de Ferrol (AXF), en conmemoración do Día Nacional de Linguas de Signos Españolas.

 

Estas actividades cerran o programa promovido pola entidade con motivo desta efeméride, que incluíu tamén a presentación dun vídeo conmemorativo. Pola súa banda, o director xeral destacou a importancia da lingua de signos como código de comunicación fundamental para as persoas xordas e ratificou a importancia de apoiar o seu coñecemento a través de organizacións como AXF.

Imaxes relacionadas