O delegado territorial da Xunta visita o stand de APSOU con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos

Ourense, 14 de xuño de 2022

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá o stand de APSOU (Asociación de Personas Sordas de Ourense)  con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos.

A celebración do 14 de xuño ten como obxectivo destacar a importancia das linguas de signos, que historicamente foron perseguidas e marxinadas, e que en España se recoñeceron oficialmente en 2007.

O lema elixido para este ano é ‘Libres para eligir, libres para signar’ e as reivindicacións céntranse no ámbito educativo, reclamando para a infancia xorda unha atención tempérana e unha educación integral de calidade que inclúa a lingua de signos, normalizando a súa aprendizaxe e uso.

Imaxes relacionadas