Ados conmemora o Día Mundial do Doante de sangue coa cifra récord de tres millóns de doazóns

O 14 de xuño establécese como a data para homenaxear aos doantes de sangue e concienciar á poboación sobre a necesidade de doar

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2022 A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) remarca hoxe a xenerosidade das e dos doantes galegos, con ocasión da conmemoración do Día Mundial do Doante de Sangue, institucionalizado pola Organización Mundial da Saúde (OMS). O lema de este ano “Doar sangue é un acto de solidariedade. Súmate ao esforzo e salva vidas”, pon en valor o papel crucial que desempeñan as doazóns altruístas de sangue para que milleiros de persoas poidan seguir vivindo.

 

Este ano, ademais, ADOS quere darlle tres millóns de grazas a toda a cidadanía galega. A súa implicación e solidariedade permitiu acadar a cifra de tres millóns de doazóns dende os seus inicios, no ano 1993. E grazas a todas as entidades, aos concellos, aos centros educativos, empresas, irmandades de doantes e a todos os colectivos que día a día, dende hai 29 anos, teñen contribuído a crear unha conciencia solidaria e proclive á doazón de sangue.

 

Con motivo desta celebración, o xerente do Sergas, José Flores, acompañado da directora de ADOS, Marisa López, acudiu á unidade móbil emprazada diante do Edificio Administrativo da Consellería de Sanidade. O xerente agradece e salienta a solidariedade e xenerosidade da cidadanía galega, sempre disposta a colaborar, o que permitiu alcanzar eses tres millóns de doazóns.

 

Por iso hoxe, ADOS e Sanidade queren dar tres millóns de grazas a todas aquelas persoas que permiten acadar entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias, que posibilitan o axeitado desenvolvemento do labor asistencial dos nosos hospitais.

 

Tamén danlle as grazas a todas as entidades, aos concellos, aos centros de ensino, empresas, irmandades de doantes e a todos os colectivos que día a día contribúen a crear unha conciencia solidaria e proclive á doazón de sangue.

 

Por último, incidir na necesidade de doar sangue para que o noso sistema sanitario poida seguir funcionando de forma adecuada, e lembrarlle a toda a cidadanía que poden doar sangue nos locais permanentes de doazón das sete grandes cidades galegas, ou ben, nalgunha das dez unidades móbiles que se desprazan, ao longo da semana, por toda a xeografía de Galicia.

 

Iluminación de edificios

ADOS agradece tamén, unha vez máis, o compromiso e colaboración de todos os concellos de Galicia no labor diario que desenvolve a Axencia, e que permite achegar a doazón de sangue, mediante o desprazamento das unidades móbiles á cidadanía, ademais de favorecer a realización de iniciativas de sensibilización e promoción da doazón.

 

Froito desta colaboración é a iluminación, na noite do 13 xuño, das Torres Hejduk da Cidade da Cultura e o Pazo de Raxoi de Santiago, a Fonte de Catro Camiños de A Coruña ou a Ponte Vella de Ourense, así como o Teatro Jofre de Ferrol, a Casa do Concello de Pontevedra ou as Fontes da Rúa Aragón de Vigo, de cor vermella, como elemento simbólico de agradecemento a todas as miles de persoas que, co seu xesto solidario da doazón de sangue, contribúen a que moitos doentes poidan solucionar os seus problemas de saúde, e mesmo salvar a vida.

 
Desprazamentos das unidades

ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:

 
DATA
CONCELLOS

Martes 14 de xuño

Betanzos, SOFTTEK e Os Mallos (A Coruña), Servizos centrais de INDITEX, TELEVES, Praza Roxa (Santiago) Consellería de Sanidade, zona da Ferrería (Pontevedra), Centro Comercial Travesía de Vigo, As Travesas (Vigo),Castro de Rei Castro Ribeiras de Lea, Rúa do Paseo (Ourense)

Mércores 15 de xuño

Alcampo (Ferrol), Hesperia A Coruña, Vilaboa (Culleredo), Servizos Centrais INDITEX, Parlamento de Galicia, Cabo de Cruz (Boiro), Consellería de Medio Ambiente, Guardia Civil (Pontevedra), Grupo Junquera (Vilagarcía), BORGWARNER e Rúa do Pincipe (Vigo), Edificio da Xunta (Lugo), Sober, Ferreira de Pantón, A Merca, Taboadela, Maside

Xoves 16 de xuño

Miño, Cantón-Obelisco (A Coruña), Servizos Centrais INDITEX, C.C. As Cancelas (Santiago), Castiñeiras e Carreira (Ribeira), Vilagarcía, FAURECIA e ZFTRW (Vigo), Cangas, Praza Maior (Lugo), Macendo e Barral (Castrelo de Miño) Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía

Venres 17 de xuño

Pontedeume,DECATHON (Oleiros) Sada, MAFRE e T.G.S.S. (A Coruña), Boiro, Cacheiras (Teo), Vilagarcía, Colexío Niño Jesus de Praga (Vigo), Cangas, Monforte, Xinzo de Limia

Sábado 18 de xuño

Pontedeume, O Burgo (Culleredo), Boiro, Cangas, Xinzo de Limia

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

 
 
CENTRO

HORARIO

HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábado das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábado das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL

Luns das 15.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas

Venres das 8.00 ás 22.00 horas

HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO

Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE

Luns e venres de 8:00 a 15:00 horas

 

HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Luns e venres de 8.00 ás 15.00 horas

 
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Imaxes relacionadas