A Xunta leva a Pontevedra a unidade móbil de apoio a refuxiados ucraínos

O servizo, posto en marcha en abril en colaboración con Cruz Vermella, ofrece orienta-ción e axuda sobre trámites como a escolarización, a atención sanitaria ou a adquisi-ción de competencias lingüísticas

Pontevedra, 13 de xuño de 2022

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrrado, visitou este mediodía a unidade móbil de atención a refuxiados ucraínos, que estará esta semana en Pontevedra, en concreto na rúa do Espincelo do barrio de Campolongo. Estivo acompañado polo delegado da Xunta na cidade, Luis López Diéguez, e pola presidenta de Cruz Vermella Galicia, Carmen Colmeiro.

 

O servizo, posto en marcha en abril pola Xunta e Cruz Vermella, facilita aos refuxiados ucraínos orientación e asistencia na solicitude de prestacións básicas para a súa inserción como a escolarización, o acceso ao sistema de saúde ou a inscrición en cursos de competencias lingüísticas para facilitar a súa entrada no mercado de traballo.

 

A oficina itinerante, que comezou o seu percorrido na Coruña, está a visitar as sete cidades galegas e tamén aquelas outras localidades con maior presencia de refuxiados e refuxiadas ucraínos para que poidan acceder ao servizo de maneira sinxela e áxil. Neste senso, Arturo Parrado destacou que, de novo, a colaboración institucional facilita ó Goberno autonómico a achega de servizos a quen máis os precisan.

Imaxes relacionadas