Rueda asiste á Concentración de Moteiros do Morrazo e entrega os premios desta novena edición

Bueu (Pontevedra), 12 de xuño 2022

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu este mediodía en Bueu á Concentración de Moteiros do Morrazo 2022 na que entregou os premios que se concederon nesta novena edición.

 

A Concentración de Moteiros do Morrazo é unha nova cita que se recupera tras dous anos de parón por mor da pandemia e volve, ademais, a converterse nun encontro que atrae a afeccionados das motos de distintos puntos da xeografía galega ata esta localidade pontevedresa.

Imaxes relacionadas

Departamento:
A Presidencia da Xunta