A Xunta participa no XXX Encontro de Maiores de Galicia

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 11 de xuño de 2022 O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou este medio día no XXX Encontro de Maiores de Galicia e na V Mostra de Oficios Tradicionais, Costumes e Xogos Populares, organizados ambos actos pola Asociación Cultural O Castro.

 

Ademais do acto inaugural, Fernando González Abeijón foi convidado a un xantar organizado tamén pola propia asociación. Con este encontro preténdense salientar valores de colaboración, integración e solidariedade así como a aposta pola riqueza cultural e artística.

Imaxes relacionadas