A Xunta colabora co concerto de primavera da Fundación Coral Casablanca

O acto, que tivo lugar hoxe no Teatro Afundación en Vigo, contou coa participación, entre outros, do coro ‘Sonidos de la memoria’ de persoas con Alzheimer e outras de-mencias

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, destacou a importancia da música como estimulante para nenos e maiores, especialmente no ámbito da discapacidade
 

Vigo, 10 de xuño de 2022

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou este serán no concerto promovido en Vigo pola Fundación Casablanca coa colaboración da Xunta de Galicia. Nel participaron distintos coros da Fundación, como Peques, Juvenil, Gepetto, integrado por unhas 100 persoas maiores de 65 anos, ou Sonidos de la memoria, formado por unhas 50 persoas con alzheimer e outras demencias e os seus familiares.

Fernando González Abeijón destacou a importancia da música como estimulante e pasatempo para todas as idades, tal e como quedou patente coas actuacións dos distintos coros. Ademais, puxo en valor o programa especialmente para as persoas con discapacidade como actividade mesmo con beneficios terapéuticos.

Este concerto da continuidade á colaboración entre a Xunta e a Fundación Coral Casablanca, en programas como os concertos en residencias de maiores desenvolvidos ó longo do pasado mes de abril.
 

Imaxes relacionadas