A Xunta imparte unha xornada formativa sobre o novo sistema estrutural de mando operativo aos axentes do distrito forestal 1-Ferrol

Ferrol, 10 de xuño de 2022

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe no CIS Tecnoloxía e Deseño na inauguración dunha xornada formativa sobre o Sistema Estrutural de Mando Operativo (SEMOP) dirixida aos axentes forestais do Distrito 1-Ferrol e na que tomaron parte unha trintena de profesionais.

 

A iniciativa está enmarcada na formación específica impartida pola Consellería de Medio Rural ao persoal destes dispositivos co obxecto de mellorar a seguridade e eficacia das operacións en incendios de complexidade avanzada.

 

Este novo sistema de organización do traballo está adaptado ao dispositivo de defensa contra incendios de Galicia e constitúe unha das novidades do Pladiga 2022.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Medio Rural