A Axenda Enerxética de Galicia 2030 buscará consolidar no mix enerxético fontes renovables como a fotovoltaica e o hidróxeno verde

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na xornada Camiño do sol, organizada pola Asociación Nacional de Produtores de Enerxía Fotovoltaica (Anpier)

Salienta que a Xunta vai apostar polas comunidades enerxéticas locais, onde a enerxía solar fotovoltaica ten un campo de implantación moi importante

A nova folla de ruta contemplará un investimento de máis de 630 millóns de euros na súa primeira etapa, ata 2024, para avanzar nos obxectivos da Galicia máis verde
 

Imaxes relacionadas