A Xunta limpa e acondiciona tres solares da súa propiedade no conxunto histórico de Lugo

Lugo, 9 de xuño de 2022

A Xunta de Galicia vén de limpar e acondicionar tres solares do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) situados no conxunto histórico de Lugo, dous deles visibles dende a Muralla, no marco dos labores de mantemento que se realizan todos os anos e para ofrecer a mellor imaxe do monumento de cara ao verán, a época de maior afluencia de turistas.

Así, actuou nunha parcela de 1300 m2 na contorna do pazo de Dona Urraca, eliminando o exceso de vexetación e reparando o valado que a delimita, que fora obxecto de ataques vandálicos. Tamén arranxou a parcela de Carril dos Fornos, con 2500 m2, e retirou unha valla informativa. Por último, limpou un solar de 1000 m2 nos patios traseiros da rúa Tinería.

Imaxes relacionadas