O vicepresidente económico asiste en Santiago á conferencia ofrecida pola presidenta da CNMC

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2022 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá ao relatorio da presidenta da Comisión Nacional de los Mercados y de la Competencia (CNMC), Cani Fernández Vicién, dentro da xornada Municipios e competencia: Prórroga de concesións promovida pola Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia (CNMC) xunto coa Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC).

 

Na xornada analizouse a prórroga das concesións dos servizos públicos a través de diferentes mesas de expertos nas que se trataron temas como a importancia da competencia no ámbito municipal, e a competencia e a contratación pública. Ademais, a Comisión Galega da Competencia tamén presentou un informe sobre a prórroga de concesións no cal dítanse algunhas resolucións relacionadas con expedientes de contratación municipal.

Imaxes relacionadas