Preto dunha decena de comunidades de montes beneficiaranse de 500.000 euros para previr os danos causados por enfermidades fúnxicas en masas de coníferas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural que dá publicidade ás axudas aprobadas no mes de xaneiro deste ano 2022

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2022 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a ' title='https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220608/AnuncioG0426-200522-0001_gl.html">'>https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220608/AnuncioG0426-200522-0001_gl.html">resolución da Consellería do Medio Rural que dá publicidade ás axudas aprobadas para levar a cabo accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras. Cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, estas achegas contaron cun orzamento de 500.000 euros para acadar unha superficie de actuación de arredor de 6.000 hectáreas.

 

Trátase da primeira convocatoria deste tipo de achegas, malia que a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal levou a cabo anteriormente actuacións neste eido -concretamente durante os exercicios de 2020 e 2021-, no marco do seu Programa de saúde e vitalidade forestal. Así, estas axudas teñen como finalidade acometer tratamentos preventivos de danos producidos por enfermidades fúnxicas en masas estables de piñeirais de piñeiro do país (Pinus pinaster), piñeiro insigne (Pinus radiata) e piñeiro negral (Pinus nigra) de idade inferior a 25 anos e con defoliación inferior ao 75%.

 

Deste xeito, beneficiaranse destas axudas un total de 8 solicitantes, que inclúen Comunidades Veciñais de Montes en Man Común (CMVMC), Comunidades de bens, Sociedades e particulares. Os importes económicos das axudas varían entre beneficiarios, con importes que van dende algo menos de 900 euros ata os case 7.000 das solicitudes con maior prioridade.

 
Enlace á resolución no DOG:

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Medio Rural