O delegado territorial da Xunta en Pontevedra asiste aos actos oficiais do 56º aniversario da Brilat na base ‘General Morillo’

Luis López representou ao Goberno galego nos desfiles de escuadras, compañías e batallóns nunha celebración presidida polo Xeneral de División Carlos Melero e que contou coa presenza da subdelegada do Goberno, Maica Larriba, e do alcalde César Poza

Vilaboa, 7 de xuño de 2022

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, asistiu esta mañá aos actos conmemorativos oficiais do 56º aniversario da Brigada Galicia VII, coñecida popularmente como Brilat, celebrados na praza Juan Carlos I da Base Militar ‘General Morillo’, no Concello de Vilaboa.

Luis López representou ao Goberno galego nos desfiles de escuadras, compañías e batallóns, que tiveron lugar tras a tradicional misa na capela do recinto e que estiveron presididos polo Xeneral de División Carlos Melero. Os actos do aniversario tamén contaron coa presenza da subdelegada do Goberno, Maica Larriba, e do alcalde de Vilaboa, César Poza, entre outras autoridades institucionais, civís e militares.

Imaxes relacionadas