A Xunta felicita a unha das usuarias máis lonxevas da residencia de maiores de Campolongo polo seu 103 aniversario

Pontevedra, 6 de xuño de 2022

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou esta mañá a residencia de maiores pública autonómica de Campolongo, en Pontevedra, para homenaxear á residente Olga Macías, que cumpriu 103 anos o pasado sábado e segue a destacar como unha das residentes máis lonxevas da comunidade.

 

No acto, que contou tamén coa participación de persoal da residencia, da homenaxeada e da súa familia, brindaron pola súa vida e vitalidade e aproveitaron para comer uns anacos de torta. Macías, unha muller moi querida na contorna, leva 27 anos na residencia de Campolongo, dende a súa apertura.

Imaxes relacionadas