Rueda constata a recuperación tras o parón da pandemia da tradicional Feira da Sidra da Estrada, que celebra a súa novena edición

A Estrada (Pontevedra), 4 de xuño de 2022 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, constatou hoxe a recuperación, tras o parón da pandemia, da tradicional Feira da Sidra da Estrada que, este ano, conta con 21 lagares de distintos sitios de España, Francia, Inglaterra, Portugal e Alemaña.

Durante unha visita este mediodía, Rueda puxo en valor o compromiso e o esforzo de toda a comarca con este evento; non en van, A Estrada é líder en Galicia na produción de mazá de sidra, con 1,5 millóns de quilos recollidos cada ano e ata cen hectáreas de cultivo.

Como proba do apoio da Xunta ao sector, cómpre salientar que, ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, a Administración autonómica porá en marcha un polígono para a produción de mazá de sidra no concello de Cerdedo-Cotobade, cunha extensión de 68 hectáreas.

Imaxes relacionadas