Rueda refírese a Semana Verde como a proba de que Galicia mira ao futuro con materias primas, produtos agroalimentarios e artesanía de calidade capaces de atravesar fronteiras

Silleda (Pontevedra), 4 de xuño de 2022

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este mediodía a Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, á que se referiu como a proba de que a Comunidade mira ao futuro con materias primas, produtos agroalimentarios e artesanía de calidade capaces de atravesar fronteiras.

Os visitantes que acudan a esta feira, que xa é un referente a nivel internacional, poderán ver o mellor dun sector primario que aposta pola innovación e a diversificación e que traballa por un rural galego sustentable.

Así mesmo, ao longo das xornadas desenvolveranse actividades como catas e degustacións de produtos do agro e o mar; exposicións de razas autóctonas en perigo de extinción como a galiña de Mos, o porco celta ou a Cachena; e talleres, contacontos e concursos para os máis cativos.

Imaxes relacionadas