A Xunta pon en valor a calidade da oferta turística de Galicia no marco do VI Congreso internacional de Calidade e Sustentabilidade Turística en Cartaxena

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta tarde en Cartaxena no VI Congreso Internacional de Calidade e Sostibilidade,

Nava Castro puxo en valor o traballo do Goberno galego na recuperación do turismo e destacou a calidade da oferta turística da nosa comunidade

Galicia é a segunda comunidade con máis Q de Calidade Turística, acadando 303 certificacións
 

Cartaxena, 2 de xuño de 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta tarde en Cartaxena no VI Congreso Internacional de Calidade e Sostibilidade, onde puxo en valor o traballo do Goberno galego na recuperación do turismo e destacou a calidade da oferta turística da nosa comunidade.

Nava Castro participou na a mesa redonda “Ferramentas públicas para a implantación da sostenibilidade no sector turístico” no marco do VI Congreso Internacional de Calidade y Sostenibilidade turísticas, que ten lugar en Cartaxena ata o vindeiro domingo, considerado unha das citas imprescindibles do sector turístico a nivel mundial, xa que reune aos maiores expertos no ámbito coa finalidade de analizar as tendencias en materia de calidade e sustentabilidade así como as diferentes actuacións das institucións públicas e empresas privadas

Nava Castro destacou a diversificación da oferta turística como clave do éxito do turismo galego, fomentando a desestacionalización e a dinamización dun turismo de calidade, achegando a oferta a cidadanía.

Na súa intervención, Castro puxo en valor o traballo realizado dende a Xunta de Galicia mediante o Plan Director Galicia Destino Seguro, co que se conseguiu que a nosa comunidade sexa “un destino seguro e de calidade, que mellore o seu posicionamiento nacional e internacional trala crise da COVID-19, con base nos seus atributos característicos: a natureza e o paisaxe, o patrimonio, a enogastronomía e a cultura propia que lle outorgan un carácter singular e único, todo isto baseado nunha oferta de calidade e sustentabilidade”.

Así, salientou a importancia da colaboración público-privada neste eido, mediante o cal o éxito dos resultados acadados medran ano a ano, situando a Galicia como segunda comunidade autónoma con máis Q de Calidade Turística, 303, soamente por detrás de Andalucía con 322.
 

Ademais destacou as novas categorías da Q de calidade en rutas, albergues e espazos públicos singulares que deron comezo grazas a un convenio de colaboración co ICTE, e rematou incidindo que dende o Goberno galego apostamos por incrementar esta calidade nos productos e os servizos prestados para lograr a diferenciación do destino Galicia.