A Xunta recibe aos touroperadores turísticos participantes nas feiras Salimat e Turexpo

Levaranse a cabo nas instalacións da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia a partir de mañá

Mediante a celebración desta feira preténdese mostrar o sector turístico da nosa comunidade, xerar contactos e promocionar a marca Galicia

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participaron no encontro de benvida a compradores e touroperadores participantes nas feiras Salimat e Turexpo.

O Salón Turístico de Galicia, Turexpo, convértese un ano máis nun dos principais puntos de encontro do sector turístico a nivel nacional, sendo unha das principais propostas para revitalizar empresas e destinos de toda a comunidade.

Mediante a celebración desta feira preténdese mostrar o sector turístico da nosa comunidade e xerar contactos, promocionar a marca Galicia e reforzar o posicionamento da comunidade, trasladando confianza para que os turistas segan achegándose a nosa terra.

Mais de corenta operadores turísticos con presenza en Inglaterra, Italia, Irlanda, Polonia, Andorra ou San Mariño entre outros moitos destinos participan na Feira, permitindo exportar o destino Galicia internacionalmente. Na presentación desta celebración participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, salientando na súa intervención a importancia do sector turístico na economía da nosa comunidade.

Imaxes relacionadas