A Xunta participa na presentación da VI travesía Vila do Tea e destaca a calidade dos recursos acuáticos da nosa Comunidade

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro destacou a importancia da nosa comunidade como un destino inigualable para o desfrute do turismo acuático
 

Ponteareas, 31 de xuño de 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro participou esta tarde na presentación da VI Travesía Vila do Tea, onde destacou importancia da auga como un elemento que identifica e diferenza Galicia como destino único que xoga un papel esencial no desenvolvemento turístico da nosa comunidade e ademais grazas a deportes como a natación poñense en valor recursos turísticos, como neste caso, o río Tea.

 

Nava Castro sinalou que Galicia é un destino inigualable para o desfrute do mar e dos ríos a través dos diferentes deportes náuticos, resaltando as instalacións de vangarda que sobresaen tanto en cantidade coma en calidade na nosa comunidade, con 11 portos deportivos que contan con bandeira azul e 15 coa Q de calidade.

 

Así mesmo, Castro fixo fincapé na aposta da Xunta de Galicia pola potenciación e reforzamento do turismo acuático mediante o Plan Estratéxico Galicia Destino Seguro, favorecendo o aproveitamento por parte da nosa comunidade deste recurso.

 

Nava Castro explicou que o plan baséase na oferta turística, nos recursos endóxenos e na articulación dun turismo multiexperiencial con produtos como o turismo náutico para captar novos mercados e desestacionalizar a demanda, poñendo como exemplo delo a Travesía Náutica Xacobea.

 

Dende a Xunta de Galicia seguiremos apostando pola calidade e potenciando aquilo que nos fai especial porque, deste xeito, conseguiremos ofrecer experiencias que soamente se poidan gozar aquí, na nosa comunidade”, concluíu Nava Castro.

Imaxes relacionadas