A Xunta achega a representación da obra teatral ‘Tentaciones’ ás residencias de maiores e de persoas con discapacidade da rede autonómica

A Coruña, 31 de maio de 2022.- A Xunta financia a representación de obras teatrais nas residencias de maiores e persoas con discapacidade da rede autonómica. O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu esta mañá á representación da obra Tentaciones que se realizou esta mañá no CAPD da Coruña coa colaboración da productora de Blanca Marsilach.

 

O Goberno galego levará esta representación a outros centro de toda a Comunidade. Esta mesma tarde estará na residencia de maiores Torrente Ballester, o vindeiro dous de xuño estará nas residencias lucenses das Gándaras e da Milagrosa e o día tres nas residencias de Marín e no CAPD de Redondela.

Imaxes relacionadas