A Xunta apoia o programa acceder da Fundación Secretariado Xitano para fomentar a inclusión laboral das persoas xitanas

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2022

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou esta mañá no acto 20 años Acceder organizado pola Fundación Secretariado Xitano na Cidade da Cultura. Durante o evento destacou que o Goberno galego financia dende o ano 2001 este programa, que permite a mediación e a inclusión sociolaboral das persoas xitanas, a través dun convenio de colaboración cun importe anual de 66.000 euros.

 

O director xeral sinalou que o pasado ano destináronse ademais a esta entidade outros 106.000 euros, para o desenvolvemento doutros programas de inclusión a través da orde con cargo ao 0,7% do IRPF.

 

Así mesmo, Arturo Parrado remarcou que a Xunta traballa para que as 13.000 persoas xitanas que viven en Galicia poidan integrarse ao 100% na sociedade, e destacou a importancia do aceso ao mercado laboral como elemento esencial para acadar unha inclusión social plena.