A Xunta continúa coa entrega de novas marquesiñas de trasporte público a sete concellos da provincia de Ourense

Instalaranse trece unidades nos concellos de Bande, Maceda, O Carballiño, O Pereiro de Aguiar, Punxín, Sandiás e Verea

Esta actuación enmárcase no obxectivo da Xunta de dotar de instalacións axeitadas as paradas das liñas do transporte interurbano, ofrecendo aos usuarios protección fronte ás inclemencias meteorolóxicas e mellorando a comodidade durante a espera

Ourense, 31 de maio de 2022.-

A Xunta de Galicia continúa coa entrega de marquesiñas iniciada o pasado mes de abril. Neste caso, a partir de hoxe martes, entregaranse trece unidades en distintos concellos da provincia.

 

Así en Bande, Manzaneda e Verea farase entrega dunha marquesiña respectivamente; no Pereiro de Aguiar, Punxín e Sandiás entregaranse dúas marquesiñas; e ao concello do Carballiño destinaranse catro marquesiñas máis.

 

Trátase de refuxios que son entregados pola Xunta para a súa instalación por parte dos Concellos, cun deseño integrado nas contornas rurais.

 

Esta actuación enmárcase no obxectivo da Xunta de dotar de instalacións axeitadas as paradas das liñas do transporte interurbano, ofrecendo aos usuarios protección fronte ás inclemencias meteorolóxicas e mellorando a comodidade durante a espera.

 

Nestes casos, a Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, fai entrega dos novos refuxios aos concellos, sendo estes os encargados da súa instalación e do seu mantemento.

 

O Goberno galego seguirá impulsar a renovación de novas marquesiñas, a través do contrato para a fabricación e subministro de 200 dos novos refuxios, cun investimento autonómico de máis de 1 millón de euros.

Imaxes relacionadas