A Xunta mellorará o firme da estrada AC-550 entre os núcleos de Brens e a Ameixenda, no concello de Cee

As obras, adxudicadas por máis de 48.000, comezarán nas vindeiras semanas

O obxectivo é reforzar a seguridade viaria mediante o acondicionamento e rehabilitación do firme ao longo de 2 km desta vía autonómica
 

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mellorará o firme na estrada autonómica AC-550 entre os núcleos de Brens e A Ameixenda, no concello de Cee.

 

As obras, adxudicadas á empresa Vázquez y Reino S.L. por máis de 48.000 euros, comezará nas vindeiras semanas.

 

O obxecto da intervención é o acondicionamento e rehabilitación de firme ao longo de 2 km de lonxitude da AC-550, entre os puntos quilométricos 2 e 4, de cara a reforzar a seguridade viaria.

 

Proxéctase o acondicionamento puntual dos treitos mais deteriorados, para o que se procederá ao fresado e reposición da capa de rodaxe do firme existente. Esta reposición levarase a cabo no ancho completo do carril.

 

Tamén se realizará o repintado da sinalización horizontal en todo o treito de actuación.

 

O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras.