A Xunta informa este luns aos comerciantes de Ourense do novo programa de axudas por 6 M€ para a transformación dixital e a modernización do sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participará nun networking sobre esta convocatoria que se celebrará a partir das 10 horas na Confederación Empresarial de Ourense

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2022

A Xunta organiza o próximo luns, 30 de maio, a partir das 10 horas, un networking con comerciantes e artesáns ourensáns para presentarlles o novo programa de axudas por 6 millóns de euros para impulsar a transformación dixital e a modernización do sector comercial e artesán galego.

 

No encontro, que se celebrará a partir das 10 horas na Confederación Empresarial de Ourense (praza das Damas, 1), participará o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, quen informará aos asistentes sobre a convocatoria, da que se poden beneficiar pemes comerciais de menos de 20 traballadores e obradoiros artesáns.

 

A través desta iniciativa, cuxo prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o próximo 23 de xuño, apoiaranse actuacións como a implantación e o mantemento de páxinas web, márketing dixital, loxística ou xestión de redes sociais, ademais da adquisición de equipamentos.