A Xunta acompaña á firma Isonor no estreo das súas novas oficinas da Coruña e destaca o seu labor en prol da igualdade laboral e a prevención de riscos

A Coruña, 25 de maio de 2022

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, asistiu hoxe á inauguración das novas dependencias que o Grupo Isonor, especializado en servizos de consultoría para empresas, estrea na avenida de Arteixo da Coruña.

Mancha aproveitou a ocasión para felicitar a esta firma polos seus 25 anos de traxectoria nos que, entre outras competencias, asesora ás empresas galegas en materia de prevención de riscos laborais, consultoría xurídica e de formación e na tramitación de axudas.

O novo marco laboral e os avances normativos para a implantacións de plans de igualdade nas empresas e protocolos de prevención e actuación ante o acoso moral e sexual no seo das organizacións fai que o traballo destas entidades, que teñen liña directa coas empresas, sexa agora, se cabe máis imprescindible, defendeu a directora xeral.

Imaxes relacionadas