Política Social participa na entrega de títulos de monitor de tempo libre da escola Paso a Paso
2022-05-25
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Maio/semana-04/PasoAPaso.jpg
Lugo, 25 de maio de 2022
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu esta tarde á Escoa de Tempo Libre Paso a Paso para participar na entrega dos títulos de monitor aos alumnos que realizaron o curso nos anos 2021 e 2019 e que por mor da pandemia sanitaria non se puido facer un acto presencial de entrega.
Cristina Pichel puxo en valor o papel que realizan as Escolas de Tempo Libre en canto a formación da xuventude, para que poidan acceder ao mercado laboral neste eido que cada vez é máis demandado. Así mesmo, agradeceu aos estudantes a súa de dedicación e felicitounos polo seu traballo.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade