A Xunta traballa co sector na elaboración da Axenda de impulso da minería sustentable 2030 na que se apostará pola dixitalización e a innovación

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta tarde en Oviedo no VI Congreso Nacional de Áridos

Oviedo (Asturias), 25 de maio de 2022

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, partipou esta tarde no VI Congreso Nacional de Áridos que se celebra ata o 27 de maio na cidade de Oviedo.

 

Na súa intervención nunha das mesas de debate sectoriais que se organizaron, Uría destacou o traballo conxunto que está a realizar a Administración galega e o sector para elaborar a Axenda de impulso da minería sustentable 2030, que se apoiará na dixitalización, a innovación e a sustentabilidade para o seu desenvolvemento.

 

Os obxectivos que se perseguen con esta folla de ruta son a modernización e crecemento do sector mineiro galego de xeito sustentable; o fortalecemento do talento e da responsabilidade social; así como alcanzar a integración ambiental, o impulso da economía circular e a posta en valor do patrimonio mineiro.

 

O Congreso ten como principal obxectivo divulgar o compromiso deste sector coa economía circular, coa sociedade e cos obxectivos de desenvolvemento sostible, polo que se dará a coñecer a importancia estratéxica desta actividade amosando, ademais, os últimos avances e innovacións do sector.