A Xunta publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Arantón-Santa Sabiña, no concello coruñés de Santa Comba, tras investir case 3 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia fai público hoxe o anuncio pertinente da Consellería do Medio Rural, sobre esta reorganización territorial que afecta a unha superficie total de 1.515 hectáreas

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2022.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o ' title='https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220525/AnuncioG0426-090522-0002_gl.html">'>https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220525/AnuncioG0426-090522-0002_gl.html">anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Arantón–Santa Sabiña, no concello coruñés de Santa Comba, que afecta a unha superficie de 1.515 hectáreas. 

 

Este paso supón a determinación dos predios de reemprazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra. Así, reorganizáronse un total de 9.489 parcelas de 1.046 propietarios en 2.051 predios, nun proceso que ata agora supuxo un investimento próximo aos 3 millóns de euros por parte da Xunta.

 

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación persoal ou, no seu defecto, da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

 

Enlace ao anuncio no DOG: