A unidade móbil de información para refuxiados ucraínos impulsada pola Xunta chega a Ferrol

Unha intérprete e unha traballadora social ofrecerán información, asesoramento e axuda naqueles trámites necesarios para as persoas refuxiadas como a escolarización de menores, o acceso á sanidade ou cursos de competencias lingüísticas para a súa inserción no mundo laboral

O servizo está operativo durante toda esta semana de 9.00 a 14.00 horas diante do Edificio Administrativo da Xunta
 

Ferrol, 24 de maio de 2022

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitaron esta mañá a unidade móbil de información para refuxiados ucraínos que recalou na cidade. O servizo está promovido pola Xunta de Galicia, en colaboración con Cruz Vermella.

 

Durante toda a semana este recurso móbil itinerante, que xa percorreu outras cidades galegas e localidades cunha maior poboación de refuxiados procedentes de Ucraína, ofrecerá información, asesoramento e axuda á poboación ucraína afincada na cidade e nos municipios da comarca de Ferrolterra.

 

Concretamente, o servizo permanece emprazado na praza de España, diante do Edificio Administrativo da Xunta de 9.00 a 14.00 horas. Esta unidade conta cunha intérprete e unha traballadora social que ofrecerán información, asesoramento e axuda naqueles trámites necesarios para as persoas refuxiadas como a escolarización de menores, o acceso á sanidade ou cursos de competencias lingüísticas para a súa inserción no mundo laboral.

 

Segundo indicou a delegada territorial, o servizo tamén facilita asesoramento sobre como beneficiarse dunha das 1.400 prazas de acollida que Galicia puxo a disposición do Goberno central. “Trátase dunha axuda fundamental para as persoas refuxiadas durante os primeiros meses na nosa comunidade”, sinalou Aneiros.

 

O Goberno galego, coa colaboración de Cruz Vermella, puxo en marcha esta iniciativa para atender ás persoas que chegaron á nosa comunidade fuxindo da guerra de Ucraína. Ademais creouse a web ucraina.cruzvermella.gal, onde se pode consultar información e a localización actualizada desta

Imaxes relacionadas