Trenor recibe á directora en Galicia da Universidade Internacional Ménendez Pelayo

A Coruña, 24 de maio de 2022.- O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, recibiu esta mañá, a María Jesús Lorenzo, directora de Galicia da Universidade Internacional Menéndez Pelayo. No encontro Trenor destacou a UIMP "é unha universidade notablemente especializada e distinta das demais, polo seu ámbito flexible capaz de convocar todo o máis destacado doutras institucións académicas e de acoller nas súas aulas propostas orixinais e non fáciles de abordar noutros sitios, o que a fai extraordinariamente atractiva".

Así mesmo, insistiu na decidida aposta da UIMP polo seu actual modelo de implantación territorial en toda España e por un alicerce fundamental como é a organización dos cursos avanzados que contan cunha gran demanda.

Trenor coñeceu de primeira man os proxectos desta entidade para Galicia e destacou a intensa colaboración da Xunta con esta institución para poder levar a cabo as súas distintas actividades e cursos.

Imaxes relacionadas