A Xunta e a CEL organizan en Ribadeo o próximo 1 de xuño unha xornada informativa sobre as axudas para o comercio

Enmárcanse nas actividades da oficina Conecta Lugo, instalada na localidade para asesorar a emprendedores e pemes da comarca da Mariña

Tamén desenvolverán este xoves o I Foro Think Tank de turismo da Mariña

Ribadeo (Lugo), 23 de maiode 2022.-

A Xunta e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) desenvolverán en Ribadeoo día 1 de xuño unha xornada informativa sobre os apoios aos que poden optar as pemes dos sector do comercio.

 

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e Jaime López, secretario da CEL presentaron hoxe esta iniciativa, que se enmarca na programación da oficina Conecta Lugo, que recentemente puxeron en marcha ambas entidades de forma conxunta nun local da casa sindical situada na Avenida de Galiciade Ribadeo.

 

O obxectivo é achegarse aos emprendedores e empresarios da comarca da Mariña para ofrecer asesoramento personalizado, especialmente no que atinxe á innovación, co foco posto naquelas con potencial pero que aínda non deron o paso. Tamén se desenvolven actividades divulgativas, visitas a empresas e foros sectoriais.

 

Neste contexto, o mércores día 1,ás 16 horas, o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, informará no salón de actos do edificio sindical sobre as liñas de axuda que ofrece o Goberno autonómico para este sector.

 

Igualmente, este xoves, 26 de maio, desenvolverase o I Foro Think Tank de turismo da Mariña. O Club Náutico de Ribadeo acollerá mesas de traballo sobre os retos do sector na comarca ou as oportunidades do Camiño Norte e do turismo sustentable.

 

As persoas interesadas poden inscribirse ou obter información detallada de cada unha destas actividades na páxina web da CEL.

 

Atención personalizada todos os días

Os técnicos do Conecta Lugo atenden a todas as persoas previa cita, que pode solicitarse a través do número de teléfono 722 890 528 ou no enderezo electrónico conectalugo@cel.es.

 

Asesoran sobre os programas de apoio e os recursos que pon a Xunta á disposición das pemes para que avancen en innovación e competitividade. Entre estes, préstamos directos do Igape, axudas á incorporación do deseño como ferramenta de innovación e sustentabilidade, subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética ou para accións de promoción exterior, todas elas convocatorias abertas actualmente.

Imaxes relacionadas