Nava Castro recibe no Obradoiro un grupo de peregrinos procedentes de Valga

Realizaron o camiño Portugués por etapas durante os meses de abril e maio

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2022.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu esta mañá na praza do Obradoiro a un grupo de peregrinos procedentes do Concello de Valga.

 

Durante a súa recepción, Castro puxo en valor as excelentes cifras na chegada de peregrinos que está a rexistrar o Camiño e a recuperación das peregrinaxes en grupo, demostrando que o Camiño e o Xacobeo son os motores de recuperación turística de Galicia.

 
O éxito do Camiño
 

Cunha media dun milleiro de camiñantes ao día, desde xaneiro seláronse máis de 70.000 compostelas, unha cifra récord desde que se recollen estatísticas de entrega destas certificacións, o que amosa non só a recuperación do Camiño se non que apuntan a un éxito histórico na celebración deste Xacobeo.

En 2021 xa se superaran tódalas expectativas no Camiño de Santiago coa entrega de case 180.000 Compostelas fronte ás 140.000 previstas.

Imaxes relacionadas