Política Social asiste á xornada de responsabilidade social corporativa organizada por Vegalsa-Eroski para fomentar a inclusión social

A Coruña, 20 de maio de 2022.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu esta mañá á xornada de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) organizada por Vegalsa-Eroski e que tivo entre diferentes mesas redondas centradas na solidariedade e na inclusión Social.

 

Arturo Parrado destacou iniciativas como esta para fomentar e impulsar no eido empresarial a integración social da xente que se atopa nunha situación de vulnerabilidade. Ademais, puxo en valor o papel de asociacións como Amicos, Enki ou Faxpg, que participaron na xornada de hoxe e que traballan cada día para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade.

Imaxes relacionadas