Trenor destaca a colaboración entre a Xunta e as entidades para acadar a inclusión real das persoas con discapacidade

O delegado da Xunta destacou que a Xunta reuniuse coa nova xunta directiva de Aspace Coruña que preside Mª Carmen Barreiro

A Coruña, 20 de maio de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo esta mañá unha reunión coa nova xunta directiva de Aspace Coruña que preside Mª Carmen Barreiro Santos. No encontro tivo a oportunidade de coñecer os seus proxectos e trasladoulle todo o apoio da Xunta para seguir mantendo a intensa actividade e servicios desta entidade coruñesa.

 

No encontro o delegado da Xunta destacou a importancia de continuar o traballo conxunto que manteñen as institucións públicas e as entidades sociais, co obxectivo de derrubar as barreiras que poidan encontrar no seu día a día aquelas persoas que teñan limitada a súa autonomía persoal por calquera motivo.

 

Neste sentido, Trenor subliñou a vontade do Goberno galego por continuar este traballo de colaboración coa finalidade de achegar os mellores recursos e servizos ás persoas que máis o precisan.

Imaxes relacionadas