Miranda e López Dobarro manteñen unha reunión co cónsul de Arxentina en Vigo para seguir a fortalecer o traballo a prol do retorno dos galegos residentes naquel país

Vigo, 19 de maio de 2022.-

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, mantiveron esta mañá un encontro co novo cónsul xeral da República Arxentina en Vigo, Horacio Martín Doval, co obxectivo de continuar a fortalecer o traballo a prol do retorno dos galegos residentes no país do Cono Sur.

 

O cónsul asumiu recentemente este cargo relevando a Silvina Montenegro, quen estivo cinco anos á fronte do consulado na cidade olívica, e xa mantivo un encontro na sede da Secretaría Xeral da Emigración fai unhas semanas con Antonio Rodríguez Miranda. Agora, a reunión tivo lugar na sede do consulado na cidade olívica e na mesma participou o delegado da Xunta en Arxentina para achegar o contacto entre ambas institucións. Xunta e consulado manteñen unha plena colaboración, en especial no apoio ao colectivo de galegos retornados de Arxentina, que están a ver aumentar o seu número na Comunidade nos últimos anos.

Imaxes relacionadas