Galicia rexistra un total de 11.458 casos activos por coronavirus

Un total de 591.848 pacientes xa están curados

A día de hoxe hai 10.742 pacientes en seguimento nos seus domicilios

O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2022.- A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.458, deles 2.413 son da área da Coruña, 1.394 da de Lugo, 1.559 da de Ourense, 1.278 da de Pontevedra, 2.089 da área de Vigo, 1.787 da de Santiago e 923 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 22 están en UCI, 694 en unidades de hospitalización e 10.742 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 591.848 persoas curadas, rexistrándose 3.449 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 12 de maio:

Home de 78 anos, na área sanitaria de Ferrol.

Día 13 de maio:

Home de 81 anos, na área sanitaria de Vigo.

Home de 91 anos, na área sanitaria de Ferrol.

Muller de 85 anos, na área sanitaria de Vigo.

Muller de 86 anos, na área sanitaria de Ferrol.

 

Día 14 de maio:

Home de 86 anos, na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

Muller de 91 anos, na área sanitaria de Vigo.

Home de 88 anos, na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

 

Día 15 de maio:

Muller de 93 anos, na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

Home de 73 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Home de 99 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Día 16 de maio:

Home de 94 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Home de 79 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Muller de 89 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

 

Día 17 de maio:

Muller de 89 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Home de 93 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Home de 85 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

 

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.884.053.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.653.576.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e 881 54 00 45 para información covid

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 naqueles casos que presenten síntomas leves de coronavirus, ou ben para resolver dúbidas relativas a covid-19. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Declaración responsable de autotest positivo e uso das máscaras

As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest poderán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde. Así, terán a súa disposición dúas modalidades para poder facelo dun xeito sinxelo. En primeiro lugar, a través da aplicación SergasMóbil, tal e como se explica no seguinte vídeo, ou ben, chamando ao número de teléfono 881 540 045.

Así mesmo, lémbrase o carácter obrigatorio do uso da máscara en determinados espazos interiores, como son os centros, servizos e establecementos sanitarios; os centros sociosanitarios e o transporte público e de viaxeiros.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Imaxes relacionadas