Política Social colabora coa primeira carreira de obstáculos ‘Pretorian Race’ para persoas con discapacidade, que se celebra en Lugo

Lugo, 15 de maio de 2022.-

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu esta mañá á carreira de obstáculos Pretorian Race que se celebra en Lugo. A Consellería de Política Social apoiou a organización da iniciativa, que conta cunha categoría específica, a Pretorian Champions “Ciudad de Lugo”, para persoas con discapacidade. Trátase da primeira carreira de obstáculos en España deste tipo, o que supón un novo pulo para a integración deste colectivo.

 

Fernando González Abeijón salientou a importancia de colaborar con eventos coma este, que se celebrou no Pazo de feiras e congresos da cidade amurallada e que promoven valores tan importantes como a superación e a integración.

Imaxes relacionadas