A Xunta apoia na comarca da Coruña a contratación de 64 desempregados como socorristas e para a prevención de incendios a través do programa aprol rural

O delegado da Xunta informou que, nesta área, a Consellería de Emprego e Igualdade investirá máis de 497.000 euros para a contratación de persoas desempregadas para desenvolver este tipo de tarefas

A Xunta financia o 100% dos contratos que terán que estar vinculados á silvicultura, xestión de biomasa e valorización forestal ou planificación preventiva
 

Arteixo (A Coruña), 11 de maio de 2022.-

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o Concello de Arteixo para  anunciar que a Consellería de Emprego e Igualdade financiará con máis de 497.000 euros a contratación de 64 persoas desempregadas en concellos da comarca da Coruña; dos cales, 37 (120.000 euros) destinaranse á tarefa de socorristas e 27 (377.000 euros) contrataranse para que poidan levar a cabo tarefas de prevención de incendios como son a planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, limpeza de montes e xestión de biomasa.  O Concello de Arteixo contará con 6 socorristas e 2 incorporacións do programa Aprol rural grazas a un investimento global de 46.600 euros.

No marco do programa de socorristas o Goberno autonómico inviste 1,5 millóns de euros para apoiar en preto de 200 concellos galegos a contratación de máis de 450 desempregados e desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social que os concellos soen destinar á contratación de persoal para a vixilancia das praias e espazos fluvais ou piscinas municipais. Os contratos serán de tres meses -no caso de que sexan a tempo completo- ou de seis meses para os de tempo parcial con contías que irán dos 1.555 euros aos 2.700€ segundo o grupo de cotización das persoas contratadas.  Con esta medida a Xunta persegue mellorar a empregabilidade das persoas participantes e colaborar coas entidades locais  co obxectivo de dinamizar o mercado laboral galego.

No ámbito do programa Aprol Rural prevese a contratación de 550 persoas desempregadas en toda Galicia en 285 municipios rurais. Os apoios a percibir polas entidades locais, neste caso, van dos 13.970€ aos 20.250€ en concepto de gastos salariais segundo o grupo de cotización financiados ao 100% pola Xunta. Tiveron prioridade os concellos fusionados e os emprendedores. Os contratos terán unha duración de 9 meses a tempo completo.

O obxectivo destas axudas é proporcionar ás persoas sen traballo que habitan nos concellos rurais de Galicia -aqueles que non contan con ningunha zona densamente poboada a nivel parroquial- unha experiencia práctica e profesional necesarias para facilitar a súa inserción no mercado de traballo.

 

Aprol Rural forma parte dunha medida activa de emprego dirixida á mellora da ocupabilidade das persoas sen un posto laboral. Os traballadores e traballadoras que se contraten terán que estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).

 

Con todas estas medidas a Xunta persegue mellorar a empregabilidade das persoas participantes e colaborar coas entidades locais na integración laboral de persoas vulnerables co obxectivo de dinamizar o mercado laboral galego.

 
 
APROL RURAL
CONCELLO
TRABALLADORES

 AXUDA CONCEDIDA

OZA-CESURAS
5
                  69.850,00 €
ARTEIXO
2
                  27.940,00 €
ABEGONDO
3
                   41.910,00 €
VILASANTAR
2
                  27.940,00 €
PADERNE
2
                  27.940,00 €
COIRÓS
2
                  27.940,00 €
SOBRADO
1
                 13.970,00 €
ARANGA
1
                   13.938,75 €
CURTIS
1
                   13.938,66 €
IRIXOA
1
                   13.938,75 €
MESÍA
1
                  13.970,00 €
CARRAL
1
                  14.250,00 €
VILARMAIOR
1
                  13.970,00 €
MIÑO
1
                  13.970,00 €
BERGONDO
1
                  13.970,00 €
SADA
1
                   13.938,75 €
BETANZOS
1
                  13.970,00 €
TOTAL
27

                377.344,91 €

SOCORRISTAS
CURTIS
2
7.600,00 €
BERGONDO
6
20.400,00 €
PADERNE
2
7.198,56 €
VILARMAIOR
2
6.220,00 €
OLEIROS
5
16.000,00 €
VILASANTAR
1
3.110,00 €
ARTEIXO
6
18.660,00 €
SOBRADO
1
3.800,00 €
MIÑO
6
18.660,00 €
SADA
6
18.660,00 €
TOTAL
37
120.308,56 €
TOTAL APROL RURAL+SOCORRISTAS
64

               497.653,47 €