A Xunta e a Mancomunidade Intermunicipal Santa Águeda colaboran na prevención de incendios forestais

O conselleiro do Medio Rural en funcións e o director xeral de Defensa do Monte reuníronse hoxe cos responsables desta entidade, que agrupa os concellos ourensáns de Amoeiro, Coles, A Peroxa e Vilamarín

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2022.- O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, acompañado polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, reuniuse hoxe cos responsables da Mancomunidade Intermunicipal Santa Águeda, que integra os concellos ourensáns de Amoeiro, Coles, A Peroxa e Vilamarín.

 

A xuntanza de traballo serviu para avanzar na colaboración institucional en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais. Así, avaliouse a posibilidade de que a propia mancomunidade en conxunto se adhira este ano aos convenios coa Consellería para impulsar os traballos de roza da biomasa, para a posta en marcha de brigadas municipais e para a incorporación de motobombas municipais ao Servizo de Prevención de incendios.

 

Así, o conselleiro e o director animaron aos representantes desta entidade a participar activamente nestes labores, fundamentais para a protección tanto das persoas como dos bens fronte o lume, contando coa cooperación da Xunta por medio deste tipo de convenios coas entidades locais.

Imaxes relacionadas