Controlado o incendio forestal no concello lugués de Begonte, parroquia de Gaibor

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 35 hectáreas

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2022

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lugués de Begonte, parroquia de Gaibor, está controlado.

O lume iniciouse ás 14,29 h. deste mediodía e quedou controlado ás 20,40 h. da tarde. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 35 hectáreas. Na súa extinción traballan 4 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas, 6 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural