Estabilizado o incendio forestal no concello lugués de Begonte, parroquia de Gaibor

Segundo novas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 35 hectáreas

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2022

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lugués de Begonte, parroquia de Gaibor, está estabilizado.

O lume iniciouse ás 14,29 h. deste mediodía e quedou estabilizado ás 18,31 h. da tarde. Segundo novas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 35 hectáreas. No seu control participan 4 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas, 6 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural