Política Social reúnese con Cáritas Diocesanas para poñer en común iniciativas de atención a persoas en situación de rúa

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2022

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, mantivo un encontro con representantes de Cáritas Diocesanas para poñer en común diferentes iniciativa que permitirían continuar avanzando na atención ás persoas que se encontran en situación de rúa.

Os inmobles, cedidos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, están a ser reformados pola de Política Social a través dun investimento de preto dun millón de euros para este exercicio. O obxectivo, non obstante, é incrementar esta oferta ata as cen vivendas nos vindeiros tres anos. Así figura no proxecto presentado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que se financiará con fondos da Unión Europea.

Durante a reunión, Arturo Parrado puido coñecer de primeira man as propostas desta entidade e salientou que a Consellería de Política Social ten na atención as persoas en situación de vulnerable unha prioridade. Deste xeito, recordou que a Xunta ten como obxectivo incrementar a oferta de vivendas para estas persoas. Así figura no proxecto presentado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que se financiará con fondos da Unión Europea.

Imaxes relacionadas