Política Social pon en valor os avances na coordinación sociosanitaria na atención ás persoas maiores

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2022.- O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, puxo en valor hoxe no II Encontro Mundial de Médicos Galegos, que tivo lugar na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, os avances acadados na coordinación entre os servizos sanitarios e sociais de cara a mellorar a atención das persoas maiores.

 

Antón Acevedo salientou algunhas medidas que permitiron este progreso como a posta en marcha do comité sociosanitario que asentou as bases do novo modelo de residencias. Ademais de acudir a este encontro, o director xeral de Atención Integral Sociosanitaria tamén formou parte dunha mesa redonda sobre envellecemento saudable dentro da 1ª Feira da Saúde da Asociación de Médicos Gallegos (Asomega).

Imaxes relacionadas