Política Social achega 25.000 euros ao centro de acollida da Fundación Las Samaritanas

A Guarda (Pontevedra), 6 de maio de 2022

A Consellería de Política Social achega ao centro de acollida da Fundación Las Samaritanas preto de 25.000 euros. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe as instalacións deste servizo que presta atención básica a persoas en situación de exclusión social.

 

Arturo Parrado aproveitou a súa visita á Fundación Las Samaritanas para manter un encontro de traballo cos seus representantes. Nesta reunión puido coñecer de primeira man as propostas e as necesidades da entidade de cara a mellorar a atención que presta neste servizo de gran importancia para a integración de persoas que teñen unha gran vulnerabilidade.