Fernández-Tapias participa nos obradoiros da escola infantil da Rúa Aragón para concienciar sobre a importancia da hixiene de mans

A delegada territorial da Xunta en Vigo acudiu a un encontro cos máis pequenos con motivo do Día Mundial da Hixiene de Mans

Vigo, 5 de maio de 2022.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe a Escola de Educación Infantil da Rúa Aragón para concienciar aos máis pequenos sobre a importancia da hixiene de mans como prevención de enfermidades.

 

Nun encontro cos 25 alumnos, a representante autonómica asistiu ao visionado dun vídeo realizado por alumnos da Escola Universitaria de Enfermería do Hospital do Meixoeiro. Ademais, tamén puido participar nos obradoiros organizados pola propia escola para ensinar ao alumnado.

A hixiene de mans continúa representando unha ferramenta fundamental na loita contra as infeccións en xeral, especialmente contra a COVID-19. Un correcto lavado protexe fronte os contaxios e prevén a diseminación de microorganismos.

Imaxes relacionadas