Feijóo anuncia un investimento de case 50 M€ para a formación de 12.000 persoas desempregadas a través de máis de 1.200 cursos

Salienta que terán prioridade para acceder a estes cursos colectivos como as persoas que se atopen en situación de ERTE ou cidadáns con discapacidade física, psíquica ou sensorial

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2022

O presidente do Goberno galego en funcións, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na, rolda de prensa do Consello da Xunta, un  investimento de case 50 millóns de euros para a formación de 12.000 persoas desempregadas a través de máis de 1.200 cursos.

 

“O obxectivo é mellorar a formación dos galegos, adaptándoa ás necesidades do mercado laboral”, aseverou Feijóo.

 

Nesa liña, logo de incidir en que esta convocatoria supera nun 12% o orzamento da anterior liña de axudas -5,5 M€ máis-, Feijóo salientou que terán prioridade para acceder a estes cursos colectivos como as persoas que se atopen en situación de ERTE ou cidadáns con discapacidade física, psíquica ou sensorial. No caso de que as prazas queden sen cubrir será posible que participen nestes cursos persoas traballadoras ocupadas.

 

No que atinxe ás accións ofertadas, deberán estar dirixidas a impartir competencias clave ou especialidades que permitan acadar o correspondente certificado de profesionalidade. Esta convocatoria ten como novidade a oferta dun módulo de formación en prevención de riscos laborais.

 

Para concluír, o presidente da Xunta en funcións lembrou desde 2014 a media de inserción dos participantes nestas actividades formativas se sitúa no 60%.

Imaxes relacionadas

Departamento:
A Presidencia da Xunta